Lonxevidade saudable · I+D+i

Intelixencia artificial e biotecnoloxía para máis anos de vida saudable

AI-VIDDA une ciencia e tecnoloxía para mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas maiores, e situar a Galicia como referente europeo en lonxevidade saudable.

Cofinanciado pola Unión Europea · FEDER · Programa Galicia FEDER 2021-2027

Presentación do proxecto

Ciencia e tecnoloxía ao servizo do envellecemento activo

…

Autonomía e benestar

…

Innovación galega

…

Impacto medible

…

0Entidades do consorcio
0Liñas de traballo
0Solucións innovadoras
2027Horizonte do proxecto

Liñas de traballo

Sete liñas de traballo complementarias

…

00

Coordinación técnica e difusión

Xestión integral, coordinación técnica e comunicación do proxecto entre os seis socios do consorcio.

Consorcio
01

Modelo intelixente de calidade de vida

Plataforma dixital para medir, visualizar e interpretar indicadores de calidade de vida e apoiar a personalización dos coidados mediante recomendacións intelixentes.

Inova
02

IA conversacional sostible

Modelos axustados para dominios sociosanitarios bilingües e contextos complexos, integrados en asistentes conversacionais naturais.

Balidea
03

Monitorización con dispositivos

Recollida de datos e prescrición a través de dispositivos intelixentes portátiles deseñados para persoas maiores.

Niucom
04

Alimento para usos médicos especiais

Suplemento rico en Ergotioneína fronte ao deterioro cognitivo leve, validado mediante ensaio clínico.

Hifas da Terra
05

Autonomía persoal e benestar

Plataforma dixital accesible e controlable por voz para o envellecemento activo e fronte á soidade non desexada.

BiG Formación
06

Validación da solución integral

Medición conxunta do impacto real de todas as solucións sobre as persoas maiores en distintos contornos.

DomusVi

Quen somos

Un consorcio multidisciplinar liderado por DomusVi

…

Coordinación · Validación

DomusVi

Coordina o consorcio

Compañía líder de atención social e sanitaria en España, con máis de 28.000 profesionais e 210 centros. Achega a súa rede sociosanitaria como contorno real de investigación e validación.

domusvi.es
IA conversacional · LLMs

Balidea

Intelixencia artificial

Empresa TIC referente europeo en tecnoloxías da linguaxe e saúde dixital. Desenvolve a IA conversacional e os grandes modelos de linguaxe sostibles do proxecto. Peme Innovadora · CMMI nivel 3 · Certificación ISO 42001.

balidea.com
Suplemento · Ensaio clínico

Hifas da Terra

Biotecnoloxía

Líder europeo en nutracéuticos a base de fungos. Deseña o alimento para usos médicos especiais rico en Ergotioneína e o seu ensaio clínico fronte ao deterioro cognitivo leve.

hifasdaterra.com
Modelo intelixente de calidade de vida

Inova

Datos, indicadores e recomendacións

Inova é unha consultora tecnolóxica especializada en innovación, dixitalización e sostibilidade. En AI-VIDDA desenvolve a plataforma de indicadores e recomendacións para personalizar coidados das persoas maiores.

inovalabs.es
Dispositivos intelixentes

Niucom

Hardware

Deseño e fabricación de dispositivos tecnolóxicos de altas prestacións. Crea o hardware portátil de recollida de datos e prescrición que achega a tecnoloxía ás persoas usuarias.

adocdv.com
Plataforma de autonomía

BiG Formación

Autonomía e formación

Ecosistema galego de consultoría e formación sociosanitaria cun innovation LAB de 400 m² no Parque Tecnolóxico de Galicia. Lidera a plataforma dixital para a autonomía persoal.

bigformacion.es

Fitos

A traxectoria do proxecto

…

  • 2024

    Concesión e arranque

    Concesión da axuda dentro das Misións de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3 2021-2027) e constitución do consorcio.

  • Nov 2024

    Comunicación e difusión

    Posta en marcha das accións de publicidade e difusión conforme ás obrigas de publicidade FEDER.

  • Xuño 2025

    Presentación pública

    Acto público de presentación no salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo), coordinado por DomusVi.

    Mesa de presentación do proxecto AI-VIDDA no Hospital Álvaro Cunqueiro
  • Set 2025

    Xornada en Hifas da Terra

    Sesión de traballo do consorcio nos laboratorios e instalacións de Hifas da Terra en Bora (Pontevedra).

    O consorcio AI-VIDDA no bosque de Hifas da Terra en Bora
  • 2025

    Recoñecemento en RIES 2025

    O consorcio comparte AI-VIDDA no X Foro Internacional de Retos do Ecosistema de Saúde (RIES 2025) do Cluster Saúde de Galicia.

    O consorcio AI-VIDDA recolle o recoñecemento no foro RIES 2025
  • Mar 2026

    Visita do consorcio a Niucom/ADOC

    Reunión de traballo dos socios nas instalacións de Niucom/ADOC para revisar o avance das solucións do proxecto.

    Reunión de traballo do consorcio AI-VIDDA en Niucom/ADOC
  • 2026

    Validación e resultados

    Validación integral das solucións e explotación dos resultados de I+D+i do proxecto.

Contacto

Falamos sobre AI-VIDDA?